Myvideo

Guest

Login

Himno Galego - Os Pinos

Uploaded By: Myvideo
1 view
0
0 votes
0

O Himno galego conxuga o poema “Os Pinos“ de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga O nome de Galicia non figura no poema, sendo sustituído por “fogar de Breogán“ Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba LETRA: Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. #himnogalego #ospinos #galicia #cuba

Share with your friends

Link:

Embed:

Video Size:

Custom size:

x

Add to Playlist:

Favorites
My Playlist
Watch Later