Myvideo

Guest

Login

INCHADIA 2015 - REMONTE RO SAR DORNAS

Uploaded By: Myvideo
2 views
0
0 votes
0

Dornas do Grove, Cambados e A Illa participando na Inchadiña 2015, o remonte polo río Sar dende o Ulla. A travesía tamén transcurriu polo río Ulla dende Valga, anque nós só filmamos o derradeiro tramo do mencionado río Sar, camiño do paseo do Espolón en Padrón. Unha vez en terra, os participantes participan por tercer ano nunha homenaxe á Rosalía de Castro, con gallo do 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos“. Como invitado de excepción, un mariñeiro ben coñecido, o gran Pepe Domingo Castaño, que demostrou unha vez máis o seu cariño polos seus e pola terra que o viu nacer e crecer. ------------ LA VOZ DE GALICIA, edición dixital. 05-07-2015: ”Once dornas procedentes de O Grove, Cambados e A Illa partiron da praia de Vilarello, en Cordeiro, no Concello de Valga, para remontar o río Ulla cara o Sar e chegar ao Paseo do Espolón, en Padrón, onde lle renderán unha homenaxe a Rosalía de Castro diante da súa estatua. A Fundación que leva o nome da escritora e Asociación Cultural Dorna da Arousa, coa colaboración dos Concellos de Padrón e Valga, organizan este acto, que leva por título «Que inchadiña branca vela» e que representa unha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro. Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que nese libro falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo. Unha vez que as dornas arriben en Padrón, flamexarán velas diante da estatua de Rosalía, antes da recepción do Concello no Espolón con música tradicional e unha ofrenda floral”. ------------ Cámara: SONY HDR-CX105 ------------ HIMNO GALEGO/OS PINOS. Letra: Eduardo Pondal. Música: Pascual Veiga. Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, máis sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. -------------- QUE INCHADIÑA BRANCA VELA.

Share with your friends

Link:

Embed:

Video Size:

Custom size:

x

Add to Playlist:

Favorites
My Playlist
Watch Later