Con todo por cambiar, co mundo por mudar: somos naufraxio na mar 🌊 Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible este videoclip! Gravación da canción: Mahi Ferradáns (Cimatica Studio) Dirección e DOP: Iago Vilarinho Montaxe e cor: Ro López Produción: Gabri Fuentes e Ximena Lis Deseños: Miguel Duarte Figuración: Ximena Lis, Aldina Bouzón, Aarón García, Flavia García, Xiana García, Ángel Extremadura, Xesús Fernández Míguez, Martín Extremadura, Andrea Fragueiro, Mercedes Míguez, José Manuel Fuentes e Noelia García. LETRA O remanso da tarde non consegue acalmar as miñas ganas de máis, as miñas ganas de máis! A nostalxia do verán, vervos rir e cantar: as nosas ganas de máis, as nosas ganas de máis! Con todo por cambiar, co mundo por mudar: somos naufraxio na mar, somos naufraxio na mar. Ese ámbar de memoria que permita así recordar o sorriso deses intres de felicidade que non volverán. Acubillado neste ámbar... Aínda respira nunha cova, véxoo latexar. Ímolo avivar. Cun abismo ante min agardando o porvir. Sálvame! Libérame! Dáme luz, libérame! Guíndame a este mar salvaxe. Faime ver devagar a forza que me esculpe en rocha e salitre. Que me permite respirar! As vibracións entre nós consagran un maremoto que me arrastra e rompe ata o fondo en recordos. Onde está o meu ámbar? Sálvame! Libérame! Dáme luz, libérame! Guíndame a este mar salvaxe. Faime ver devagar a forza que me esculpe en rocha e salitre.
Hide player controls
Hide resume playing