Comezamos o programa facendo unha reflexión desa etapa inicial do programa na que tan só éramos uns cativos inconscientes, desorientados e acomplexados diante do micro e que case non conseguíamos articular palabras e moito menos frases (cousa que tamén pasa hoxe mais algún avance hai). Tamén defendémonos das críticas que nos tachan de programa tolo, onanista e sen sentido e reivindicamos a existencia dun guión, por mínimo que este sexa, detrás de cada programa e aínda que o noso espírito e a espontaneidade e a improvisación sempre hai unha pequena estrutura detrás (isto no o cree ninguén). Ademais adiantamos que no próximo programa teremos cousas especiais e pode que ata teñamos o pracer de ter entre nós a ultraheroe (soñar é de balde), aínda que con isto nos poña nalgún dilema e amence a nosa existencia, máis queremos que veña para asinar a paz e dar exemplo. Carlos trae míticas movidas súas de actualidade e deixa de rememorar por fin series que teñen case tantos anos coma nós. Miguel, nunha busca clara de innovacion e orixinalidade, convoca aos mekemekes para facer a porra dos vindeiros Oscars que se entregarán o 27 de marzo, que xa están envoltos en varias polémicas e promete (esta vez si e non se sabe con que cartos) un premio interesante para o gañador da porra. Xubi dinamita de novo o programa por todo o alto tirando de ourivaría e metalurxia xornalística devolvendo á primeira liña as gomas de mascar Boomer, ata o punto de ter a osadía de medir en directo un deles para saber se o fabricante cumpre ca súa promesa publicitaria de que miden metros.
Hide player controls
Hide resume playing