Instrucións para ser un bo mekemeke. Episodio 1: O manual das boas prácticas mekemekes. Parte primeira, páxina 12; que é ter unha semana mekemeke normal? Se queredes sabelo, hoxe dámosvos a resposta. Avanzando un pouco e imbuídos xa na Semana Santa, Carlos vén falarnos da Vida de Brian, unha das grandes sátiras dos Monthy Python, ademais de ser un filme que condensa en gran medida o espírito mekemeke, xa que como definiuno o periodista Antonio Albert: “xenerosas doses do máis refinado e malévolo humor británico, vándalo, intelixencia, autocrítica, sana irreverencia, ironía salvaxe e corrosión xeneralizada“. É mekemekismo en estado puro. Con Miguel falamos da capacidade de destrución do cinema, e para iso non hai mellor representante que Michael Bay, o director de cine que máis coches esnaquizou da historia, e como non, o realizador de Transformers 3, filme no que se destruíron máis de 500 vehículos. A parte disto, recomendounos a intrigante e inmerso experiencia sensorial que é Calls, unha serie que podedes atopar no catálogo de Apple e que conta con 9 episodios duns 15 minutos cada un nos que nunca veremos fisicamente a ningún actor. Para rematar, Xubi acude hoxe o estudo con delirios febrís e fai mais divagante se cabe a súa sección que sempre acaba ben fiada, pero que vai dando tombos ata que atopa o seu verdadeiro sentido. Hoxe, para acabar falando da cancelación do E3 este 2022 e facer un repaso dalgúns dos grandes momentos que nos deixou, primeiro ten que facer unhas pequenas e benvidas disertacións sobres os termómetros de mercurio e a ruleta da sorte presentada por Jorge Fernández ao que mandámoslle un saúdo e convidamos a unirse aos mekemekes. O E3 sempre foi a historia dun desengano e Xubi dispara a gusto contra este evento que tanto tempo e ilusións lle roubou.
Hide player controls
Hide resume playing