O exército mekemeke espértase ás 6:00 da mañá para facer ioga e así favorecer o sono, os movementos articulares e despexar a mente de escuridade. Desta maneira preparase para as súas particulares e irónicas batallas. Polo demais Elon Musk merca Twitter, xa hai “taxis Tesla“ por Compostela, e Tuenti pechou para sempre. Carlos aproveita para narrarnos as súas escaramuzas persoais en Twitter (e nos baños do Congreso). Mike vén falarnos da teoría da singularidade que segundo os expertos podería chegar máis cedo do que pensamos, outros din que nunca vai acontecer, e algúns tachan aos outros de fanáticos. Vamos, o de sempre, tamén trae un par de recomendacións cinéfilas que veñen a falar deste tema. Para rematar Xubi ten hoxe moita gana de marcha e de botar uns bailoteos e vén dinamitar o programa traéndonos os míticos recopilatorios de grandes éxitos do verán coñecidos polo sobrenome de “Mix“, como o famosísimo Caribe Mix, que deixou tocada e marcada a toda unha xeración quixera ou non escoitar esta música, porque estaba practicamente en todos os lados até nos hospitais.
Hide player controls
Hide resume playing