Myvideo

Guest

Login

Cristina Fernndez ~ Cantiga do neno da tenda de Federico Garca Lorca

Uploaded By: Myvideo
1 view
0
0 votes
0

“CANTIGA DO NENO DA TENDA” de Federico García Lorca Canta: Cristina Fernández Cantiga do neno da tenda (Seis poemas galegos) Federico García Lorca Bos Aires ten unha gaita sobro do Río da Prata, que a toca o vento do norde coa súa gris boca mollada. ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, basoira que te basoira polvo d'estantes e caixas. Ao longo das rúas infindas os galegos paseiaban soñando un val imposíbel na verde riba da pampa. ¡Triste Ramón de Sismundi! Sinteu a muiñeira d'ágoa mentras sete bois de lúa pacían na súa lembranza. Foise pra veira do río, veira do Río da Prata. Sauces e cabalos núos creban o vidro das ágoas. Non atopou o xemido malencónico da gaita, non víu o imenso gaiteiro coa boca frolida d'alas; triste Ramón de Sismundi, veira do Río da Prata, víu na tarde amortecida bermello muro de lama.

Share with your friends

Link:

Embed:

Video Size:

Custom size:

x

Add to Playlist:

Favorites
My Playlist
Watch Later