Myvideo

Guest

Login

#20 | Inserte publicidade aqu

Uploaded By: Myvideo
11 views
0
0 votes
0

Programa moi especial, non só por deixarnos premeditada e deliberadamente querer por se alguén nos quere patrocinar, senón tamén porque alcanzamos unha cifra que nin nos mesmos nos acabamos de crer e aínda non sufrimos ningúnha derrota ou baixa (grave polo menos) por máis que metamos a zoca, e para facelo mellor e máis especial. Lidia Veiga volve a estar connosco e podemos dicir oficialmente que é a nosa mekemeke máis curtida e querida. Esperamos que siga axudándonos a conducir o programa, só un parvo non se decataría que a súa presencia aumenta o nivel base do programa e a nosa capacidade humorística. Ademais enchémola a champiñas e condecoracións pola súa encomiable e tola militancia no exército mekemeke, máis tamén puxemos a proba as súas papilas gustativas cun xogo culinario que non creemos que sorprenda a ninguén pero seguro vai divertir a esgalla. Miguel trae unha nova pseudosección na que lee fragmentos de críticas faltosas e cero construtivas, regurxitadas por usuarios e usuarias da páxina web Filmaffinity e os mekemekes teñen que adiviñar de que filme se trata entre catro opcións. Xubi como xa nos ten cómoda e brillantemente acostumados pecha o programa con outra cima de explosión mekemeke e, aínda que amagou de falar sobre os Toldos Gómez, empresa moi coñecida en Arzúa, decantouse por resucitar o perezoso mundo dos emoticonos e crear unha disertación entorno a eles, o que significaron, o que nos deixaron e o seu indudable legado.

Share with your friends

Link:

Embed:

Video Size:

Custom size:

x

Add to Playlist:

Favorites
My Playlist
Watch Later