Partido histórico pertencente á tamén histórica campaña 1988-89, de moi bo recordo para o celtismo. Liderados polos goles de Amarildo, o temón de Vicente e a clase de Julio Prieto no medio do campo e máis a seguridade de Maté baixo paus e Atilano e Hagan na liña de retagarda, o cadro celeste chegaba a esta 29ª data de competición como cuarto clasificado. O Madrid, pola súa banda, presentábase en Balaídos sen perder un só encontro no que ía de campionato. Formou o Celta con Maté; Espinosa, Hagan, Atilano, Rodolfo; Otero, Vicente, Julio Prieto, Nacho; Marić e Amarildo.
Hide player controls
Hide resume playing