Myvideo

Guest

Login

#23 | Quen quere ser millonario, Ricky Gervais e verbeneo

Uploaded By: Myvideo
10 views
0
0 votes
0

Intrigas de palacio hoxe no Exército Mekemeke, purgas, revolucións, noite das tixeiras voadoras, etc... Os mekemekes seguen a alborotar o patio. Carlos márcase un Sobera de manual, cunha imitación case perfecta, e presenta o primeiro (e esperemos que último) Quen quere ser millonario do Exército Mekemeke, no que pon en apuros aos demais xenerais mekemekes con preguntas populares que os poñen en evidencia. Miguel trae a sempre polémica e clarividente figura de Ricky Gervais co seu humor británico, ácido e punzante capaz de sinalar a calquera e facerlle ver as súas miserias, é dicir, humor como crítica e solución dos problemas. Ricky, único na súa especie, é un dos grandes reflexos do Exército Mekemeke e sería unha honra telo con nos nun futuro próximo. Xubi coma case sempre ponlle punto final o programa abrazando o seu particular mundo de nostalxia e divagación etérea, aínda que rompe un pouco o seu sistema de analíticas e convértese de novo en reporteiro mekemeke e engade ao seu curriculum o de correspondente do rural, e fai a primeira review mekemeke dunha festa popular; a da Merenda no Concello de Frades.

Share with your friends

Link:

Embed:

Video Size:

Custom size:

x

Add to Playlist:

Favorites
My Playlist
Watch Later