Filme de comedia muda estadounidense de 1926 protagonizada e producida por Buster Keaton, quen tamén a codirixiu con Clyde Bruckman. Está baseada nun feito real ocorrido en 1862 durante a Guerra Civil, a chamada Great Locomotive Chase, e adaptada do libro de William Pittenger, Daring and Suffering. Foi un fracaso crítico e financeiro no seu lanzamento inicial (o maior fracaso financeiro de Keaton), pero décadas máis tarde comezou a ser considerada como unha das súas mellores películas.
Hide player controls
Hide resume playing